O sábado 8 de xuño de 2019 a partir das 10:30 horas o Concello de O Pino, a través do Departamento de Deportes, e a ANPA do CPI Camiño de Santiago organizan no polideportivo municipal de Reboredo a Festa de Clausura das Escolas Deportivas e Culturais do curso escolar 2018/2019.
A esta exhibición están convidados toda a veciñanza e todo o alumnado que participou nas actividades deportivas municipais e actividades culturais organizadas tanto polo Concello de O Pino como pola ANPA.
A clausura dará comezo ás 10:30 horas e marcará o remate da actividade deportiva e cultural escolar do presente curso. Todos os participantes na clausura recibirán un pequeno agasallo.
Os asistentes e participantes na xornada estarán convidados a un picnic na metade da mañá coa fin de amenizar a xornada deportiva e cultural.
Agardamos que todo sexa do voso agrado e que o vindeiro curso máis nenos e nenas participen nas escolas deportivas municipais e nas actividades culturais do Concello de O Pino e da ANPA.
Transporte escolar e clausura
Dende a ANPA podemos xestionar que ese día funcione o transporte escolar para que o alumnado poida vir en bus ata o colexio. Para poder solicitalo necesitamos que as familias que queiran mandar aos seus fillos/as no autobús o soliciten entregando este papel cuberto na secretaría do CPI Camiño de Santiago antes do 31 de maio de 2019. Tamén é importante especificar se van asistir ao acto de clausura, que se estima será sobre as 13.30 horas, e o número de persoas. O documento para solicitar o transporte pódese descargar neste enlace.
Programa de actividades previsto para a festa de clausura
(Comezo as 10:30 Horas)
- Patinaxe Nivel III: “Bad David Guetta & Showtec”
- Exhibicion Futbol Sala Nivel II (Cadetes)
- Exhibición De Zumba: ”Coreografía Mix Actualidade”
- Exhibición De Baloncesto Nivel I (1º-3º)
- Patinaxe Nivel Iniciación: “Mario Bros”
- Exhibicion Dos Mais Cativos No Circuito De Psicomotricidade
- Exhibición De Ballet: “Danza De Los Mirlitones”
- Exhibición De Baloncesto Nivel II (4º-6º)
- Exhibición De Baile Moderno I “Azukitar De Elvis Crespo, Steve Aoki & Daddy Yankee”
- Exhibicion Fútbol Sala Nivel II: (Biberón E Prebenxamín)
- Exhibición De Karate
- Pausa Para Picnic. Tempo Para Contemplar A Exposición De Artes Plásticas Dos Traballos Realizados Durante O Curso Escolar Por Parte Dos Alumnos De Rodrigo Chao.
- Polideportivo Municipal: Presentación das actividades de informática e robótica:
- Informática: Presentación Da Revista E Proxección Da Curtametraxe E Video.
- Robótica: A Maxia Da Robótica | Piano Con Froita | A Lámpada Máxica | Carreira De Robots
- Patinaxe Nivel I: “Os xogos Olímpicos”
- Exhibicion De Badminton Nivel I
- Exhibicion Dos Rapaces Da Escola De Atletismo
- Patinaxe Nivel II: “La copa de todos de Wisin y Paty Cantu”
- Exhibicion De Badminton Nivel II
- Exhibición De Baile Moderno II: “Calypso de Luis Fonsi & Stefflon Don”
- Patinaxe Nivel IV: “The Greatest Showman soundtrak”
- Clausura e entrega de agasallos (estimada para as 13.30 horas)