Cada ano, o 30 de xaneiro é unha data sinalada para o ámbito educativo pola celebración do Día da Paz e a Non Violecia, co que se promove a boa convivencia dentro e fóra das aulas.

A UNESCO quixo recoñecer este día que coincide co aniversario da morte do líder pacifista Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), como unha oportunidade para reforzar a concordia, solidaridade e respecto entre todas as persoas.

Deste xeito, o ámbito educativo celebra cada ano o Día da Paz e Non Violencia fomentando unha cultura pacifista, na que o alumnado é parte dunha cidadanía global, crítica e comprometida cos valores que fundamentan os dereitos humanos.

A ANPA Camiño de Santiago comparte todos estes propósitos e súmase a esta celebración para que todo o alumnado do CPI sexa parte deses/as superheroes/heroínas que van facer do mundo un lugar mellor.