Hoxe comeza o Torneo de xadrez educativo no que participarán os 14 nenos e nenas que se atopan inscritos na actividade extraescolar desta disciplina deportiva que imparte Roberto Patiño Romarís. Nesta competición, que rematará a finais do mes de maio, empregarase o sistema suizo, que consiste en emparellar xogadores do mesmo nivel para que poidan competir en igualdade de condicións. Haberá premios para os melleres clasificados.

Subliñar que o profesor de xadrez Roberto Patiño acaba de proclamarse campión galego de Xadrez na categoría de veteranos e representará a Galicia no Campionato de España de Xadrez.