Hoxe, 10 de novembro, remata o segundo prazo de pagamento das actividades extraescolares organizadas pola ANPA do CPI Camiño de Santiago. O vindeiro 10 de maio rematará o terceiro e último prazo para as famílias que optaron por fraccionar o pagamento.

O pagamento deberá facerse mediante transferencia bancaria á conta que a ANPA ten na entidade Abanca con número de IBAN  ES98 2080 0337 1030 4001 0728.  

Para poder identificar o pagamento é preciso especificar na descrición da transferencia «ACTIVIDADES NOME APELIDO1 APELIDO2», sendo NOME o nome do alumno, e APELIDO1 e APELIDO2 os apelidos do alumno.

A ANPA informou por correo electrónico a cada familia, de xeito individualizado, do importe que lle corresponde pagar.

Para calquera dúbida está dispoñible o teléfono 692 205 776, preferiblemente usando WhatsApp ou SMS. Tamén por correo electrónico no enderezo: contacto@anpacaminosantiago.es