Nesta páxina podes cubrir o formulario en liña para facerte socio da ANPA ou renovar como membro da Asociación. Só tes que cubrir o formulario que figura a continuación

Tamén podes descargar aquí os impresos para participar nos diferentes Servizos que ofrece ANPA.

Para facerte socio, agradecemos que cubras o formulario en liña, en vez do impreso. Unha vez cuberto o formulario tes que pagar a cota (20 euros ao ano) na conta que a ANPA ten en Abanca ES98 2080 0337 1030 4001 0728. No concepto debes especificar COTA da ANPA máis os apelidos do ou dos fillos/as (non poñer os apelidos dos pais, nais ou titores) 

Para beneficiarte das vantaxes que conlleva ser socio da ANPA tes que pagar a cota antes do 31 de outubro.