A ANPA Camiño de Santiago anuncia que mañá, venres 20 de decembro, terá lugar o tradicional festival de Nadal do alumnado do CPI. Tras a celebaración, o trasporte escolar trasladará á rapazada ás súas casas ás 15.30 horas. As actividades extraescolares deste día quedan canceladas, como se acordou no Consello Escolar.

Este ano o festival de Nadal será na Casa da Cultura, con apertura a todas as familias que desexen acompañar ao alumnado.

Ademais, o alumnado de educación primaria participou na creación dunha postal de Nadal audiovisual, coa que desexan a todo o mundo unhas felices festas a través da letra e música do mestre Paco Tobar.