Miguel Ángel Gómez Bascoy encabeza unha renovada xunta directiva da Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago, e substitúe na presidencia a Ángeles Furelos Ferreiro, que ostentaba o cargo dende 2017.
Na Asemblea celebrada o pasado 17 de novembro para renovar cargos da Xunta Directiva resultaron elixidos cinco dos candidatos presentados para acompañar a Asunción Maíllo Sánchez, que continúa como vogal, e ao propio Miguel Ángel Gómez, que exercía tamén como vogal na anterior directiva.
Despois da primeira reunión celebrada polo novo equipo directivo da ANPA a distribución de cargos quedou da seguinte maneira:
- Presidente: Miguel Ángel Gómez Bascoy
- Vicepresidente: Adrián Martínez Sanz
- Secretaria: Susana Rial Santos
- Tesoureiro: Darío Román Gómez Sánchez
- Vogal: Asunción Maíllo Sánchez
- Vogal: Raquel Gómez Santos
- Vogal: Amaya Rúa Bernárdez