A ANPA do CPI Camiño de Santiago, coa colaboración do Concello de O Pino, volve organizar durante as vacacións de Semana Santa os obradoiros de robótica educativa dirixidos á cativada entre os 7 e os 12 anos. O obxectivo desta actividade é axudar na conciliación das familias que teñen matriculados aos seus fillos e fillas no centro público de Arca e ofrecer actividades que poidan interesar ao alumnado.
Os talleres impartiranse na Aula TIC do Concello (antigo centro médico) os días 25, 26 e 27 de marzo e o luns 1 de abril entre as 10.00 e as 12.00 horas.
O prazo de matrícula está xa aberto e as prazas son limitadas.
O prezo é de 20 euros para os socios do ANPA e de 45 euros para o resto dos inscritos e serán impartidas por Aula Desafío.
A inscrición deberá facerse cubrindo o formulario de matrícula (neste enlace).
Durante os obradoiros a rapazada construirá e programará con Lego e microbit ao tempo que adquirirá habilidades no uso da tecnoloxía .
Para calquera dúbida está dispoñible o enderezo: hola@auladesafio.com
Neste vídeo poderedes comprobar o traballo que fixeron os nenos e nenas no obradoiro impartido polo Nadal.