
A directiva pídelles as familias que garden na axenda o número móbil da ANPA 692 205 776 para recibir as mensaxes da lista de difusión
A Xunta Directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago decidiu crear unha lista de difusión por WhatsApp con todas as familias asociadas para facilitar a comunicación con todas elas. Para recibir as mensaxes desta lista de difusión é preciso gardar na axenda do teléfono...

Los Ángeles Gas renova o convenio coa ANPA e ofrecerlle aos socios un desconto de 0,05 €/l en combustible
Los Ángeles Gas renovou o convenio coa ANPA ANPA do CPI Camiño de Santiago e ofrécelle aos socios e socias descontos de 5 centimos en litro en todas os repostaxes que realicen nas estacións de servizo deste grupo, entre as que se atopa a situada en Castrofeito....

A directiva da ANPA deséxalles un Bo Nadal a todas as familias e comunidade educativa
O equipo directivo da ANPA do CPI Camiño de Santiago deséxalles a todas as familias e a toda a comunidade educativa do colexio un Bo Nadal. “Agardamos que poidades reunirvos cos vosos seres queridos e gocedes destes días”, é a mensaxe que o presidente da ANPA, Miguel...

Miguel Ángel Gómez Bascoy preside a nova xunta directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago
Miguel Ángel Gómez Bascoy encabeza unha renovada xunta directiva da Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago, e substitúe na presidencia a Ángeles Furelos Ferreiro, que ostentaba o cargo dende 2017. Na Asemblea celebrada o pasado 17 de novembro para renovar...

Asemblea extraordinaria da ANPA
Convócase a todos os pais e nais á Asemblea xeral extraordinaria da ANPA do CPI Camiño de Santiago, que se vai celebrar no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane o vindeiro luns, 13 de decembro de 2021, ás 20.15 horas, en primeira convocatoria, e ás 20.45...

A ANPA xa ten operativa en Abanca a conta bancaria na que facer os ingresos de cotas de socios e actividades
A ANPA do CPI Camiño de Santiago xa rematou os trámites para abrir unha conta corrente na oficina de Abanca de Arca. A partir de agora, tanto os recibos de socios como os das actividades que organice a asociación tramitaranse nesta conta. O IBAN da nova conta da ANPA...

O 24 de setembro celébrase Asamblea extraordinaria da ANPA no centro sociocultural a partir das 19.30 horas
A xunta directiva da Anpa do CPI Camiño de Santiago convoca a todas as nais e pais de Infantil, Primaria e Secundaria á asemblea xeral extraordinarias que se vai desenvolver o venres, 24 de setembro de 2021 no centro sociocultural Luis Seoane de Arca. A primeira...

A Confederación de ANPAS Galegas invita a acudir á manifestación do mércores en defensa do ensino público
A Confederación de ANPAS Galegas e a CIG fan un chamamento para participar este mércores, día 8 de setembro, na mobilización convocada na defensa do ensino público. A manifestación comezará ás 11.30 horas deste mércores, 8 de setembro, diante da Consellería...

O prazo de solicitude de praza no comedor escolar para o curso que vén estará aberto todo o mes de xullo
Dende hoxe e durante todo o mes de xullo, as familias poden solicitar praza/s para o emprego do comedor escolar de cara ao vindeiro curso. O prezo oscilará entre a gratuidade e os 4,50 euros por día de servizo dependendo do nivel de renda. O formulario de solicitude...

Abre o prazo de inscrición no servizo de Madrugadores do CPI Camiño de Santiago para o vindeiro curso
O alumnado do CPI Camiño de Santiago de O Pino poderá beneficiarse do servizo de Madrugadores no tamén curso escolar 2021-22, ofrecido pola empresa SIF Servicios. SIF Servicios xa abriu o prazo de inscrición para que as familias interesadas poidan anotarse no servizo...

Aberto o prazo de solicitude das axudas para comprar libros e material escolar de cara ao curso 2021/22
A Xunta de Galicia abriu xa o prazo para solicitar as axudas destinadas á compra de libros e material escolar de cara ao curso 2021/22. Estas achegas van dixiridas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que se atope...

O día 30 remata o prazo do concurso ‘Fotografías pola Igualdade’ da Federación ANPAS Compostela
Ata o vindeiro venres, 30 de abril ás 24.00 horas, o alumnado e as familias de centros de Primaria, Secundaria e Bacharelato poderán participar na terceira edición do concurso Fotografías pola Igualdade que organiza a Federación Galega de ANPAS Compostela....

As familias teñen ata o 22 de marzo para presentar as solicitudes de novas admisións
Lembrámoslles a todas as familias interesadas en matricular os seus nenos no colexio de Arca que o prazo de admisión de solicitudes remata o 22 de marzo, tanto para comezar a escolarización de 3 anos en cuarto de Infantil, coma para novo alumnado dos outros dous...

A ANPA desexa a todas as familias un feliz Nadal
A ANPA DO CPI Camiño de Santiago deséxavos a todos e todas unhas felices festas. Os nosos pequenos e pequenas volveron ao cole despois de moitos meses coas mochilas cargadas de incertidume e nos demostraron que eles si saben centrarse no que é realmente importante...

Papá Noel solicita facer unha videoconferencia cos nenos e nenas do colexio
Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos puxéronse en contacto co Concello do Pino para que tranquilizase a toda a rapazada do municipio. Estaban preocupados porque as autoridades sanitarias, co obxecto de frear o avance da pandemia da covid-19, non deixan que se reúna...

A ANPA organiza unhas xornadas para promover a igualdade e previr a violencia de xénero
A ANPA do CPI Camiño de Santiago vai celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero organizando unhas xornadas virtuais para promover a igualdade e previr a violencia de xénero. Extas xornadas celebraranse os días 26, 27 e 30 de novembro en colaboración con...

A ANPA entregou hoxe no colexio máis de 1.100 máscaras do Concello de O Pino para o alumnado
A directiva da ANPA entregoulle esta tarde ao equipo directivo do CPI Camiño de Santiago máis de 1.136 máscaras reutilizables de neopreno e 77 pantallas que foron mercadas polo Concello de O Pino para colaborar coas familias do alumnado. O equipo directivo do CPI...

Os familiares conviventes co alumnado tamén poden colaborar no comedor escolar, que precisa voluntarios
Dende a ANPA do CPI Camiño de Santiago trasladamos a petición do equipo directivo do colexio de que se precisan persoas colaboradores (suplencias) para atención ao alumnado no servizo de comedor escolar. Dende a Consellería de Educación aclaración vía correo...

Os socios da ANPA poden optar a un desconto de 0,05 €/l nas gasolineiras de Los Ángeles Gas
A Xunta Directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago chegou a un acordo co grupo Los Ángeles Gas (LAG) que permitirá aos socios da ANPA ter descontos de 5 centimos en litro en todos os repostaxes que realicen nas estacións de servizo deste grupo, entre as que se topa a...

O alumnado de ESO inicia as clases o mércores de xeito escalonado ata o venres
O alumnado de 1º e 2º de ESO comezará o curso o vindeiro mércores, día 23. O alumnado de 3º incorporarase o xoves e, o venres, será a quenda para o alumnado de 4º da ESO. En todos os casos, a entrada e a saída será polo portalón do transporte. En canto cheguen...