Os actores e actrices da ANPA do CPI Camiño de Santiago colleitaron hoxe un novo éxito durante a segunda representación das tres obras de teatro coa que poñen fin a actividade extraescolar de teatro. Hoxe pola mañá,  actuaron para os seus compañeiros de infantil e primaria, que escacharon a risas en varias ocasiones e recompensaron o esforzo dos actores e actrices con grandes aplausos.

Foi a segunda representación das tres obras coa que os grupo de teatro da ANPA poñen fin a actividade
extraescolar. O pasado sábado fixeron a primeira actuación, cun grande éxito entre o numeroso público asistente.

Os máis novos do grupo de teatro representaron ‘Os catro dormidiños’, una obra musical na que ían contando os seus soños os actores e actrices de infantil. Despois tocoulle a vez aos de primaria, que puxeron en escena ‘O parque circo’, unha obra na que actores e actrices deciden prescindir das novas tecnoloxías por un momento, para gozar facendo unha representación circense. Houbo de todo:  bailarinas, malabaristas, domadores e ata o home forzudo.

A representación rematou con ‘O deente’, unha defensa, en clave de humor, da liberdade de expresión e de como algún que outro malentendido pode levar a actores diante da xustiza. Iso sí, todo con moito humor, como amosaron os actores e actrices de 4º, 5º e 61 de Primaria, que compuxeron esta representación.

Baixo a dirección de Helena Hernández, os integrantes do grupo de teatro da ANPA están xa desexando que comece o novo curso para seguir cunha das súas grandes paixóns. De recordo levan as calurosas ovacións dos seus compañeiros de colexio, de moitos amigos, coñecidos e veciños que os viron actuar o pasado sábado.