Ata o vindeiro 16 de maio o alumnado e as familias de centros de primaria, secundaria e bacharelato poderán participar na quinta edición do concurso ‘Fotografías pola Igualdade’ que organiza a Federación Galega de ANPAS Compostela. Dende a ANPA do CPI Camiño de Santiago animamos a todas ás familias e alumnado a participar enviando imaxes de como ven a Igualdade. No concurso tamén poden participar alumnado e familias de conservatorios e escolas de música públicos.

Con este concurso, dende a FANPA Compostela quérese promover á reflexión e permitir que o alumnado ou as súas familias dos centros de primaria, secundaria e bacharelato amosen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito. Con el preténdese fomentar a mirada crítica das e dos participantes sobre a vida cotiá dende a perspectiva da igualdade/desigualdade de xénero

Para poder participar no concurso hai cubrir o formulario de inscrición e enviar unha fotografía inédita e orixinal, en formato JPEG, TIF ou PNG de máxima calidade (cun tamaño inferior aos 10 Mb) xunto co boletín de inscrición accesible na web oficial do concurso. A imaxes irán acompañadas dun título e un pequeno texto explicativo do que representa.

De entre todas as fotografías presentadas, un xurado seleccionará 10 fotografías por categoría, que levarán como agasallo un libro en lingua galega adaptado á idade da persoa participante, agás na categoría de familia que recibirán un diploma e a copia impresa da súa fotografía. 

O prazo remata ás 23.59 horas do 16 de maio. As bases do concurso pódense consutar neste enlace (preme aquí)