
A ANPA do CPI Camiño de Santiago abre o prazo de matrícula para as actividades extraescolares que organiza de 15.30 a 16.30 horas todos os días lectivos agás os martes. As familias interesadas teñen ata as 23.59 horas do venres 19 de setembro para anotar aos seus fillos e fillas a estas actividades. AS actividades que organiza a ANPA rematarán o 19 e xuño, último día de clases, mentres que as do colexio e as do concello rematarán o 29 de maio. A ANPA conta coa colaboración do Concello do Pino para organizar estas actividades
A inscrición deberá facerse cubrindo o formulario de matrícula (neste enlace). O prezo da matrícula é de 30 euros, e será gratuíta para as familias asociadas da ANPA (asóciate ou renova aquí). Haberá descontos nalgunhas actividades para as familias asociadas.
As actividades extraescolares para este curso divídense en dous grandes grupos. Unhas son gratuítas e están organizadas pola ANPA (hockei), polo colexio (ludoteca, biblioteca e informática) ou polo Concello do Pino (psicomotricidade, creatividade, contacontos, papiroflexia, multideporte, maxia e baile moderno), e outras son de pagamento organizadas pola ANPA.
As actividades de pagamento para este curso son: música e movemento, danza urbana, judo, teatro, xadrez, baloncesto, inglés escénico, mercanografía e informática.
A oferta de actividades extraescolares que organiza a ANPA para o curso 2025-2026 pode consultarse na seguinte imaxe. A programación das actividades, así como o dosier das novidades pódese consultar e descargar neste enlace (preme aquí)

Como matricularse e facer o pagamento
Para participar nestas actividades é necesario inscribirse cubrindo o formulario que se atopa neste enlace (preme aquí). No caso das actividades de pagamento, hai que formalizar a matrícula, que terá un custo de 30 euros e será gratuíta para as familias que sexan socias da ANPA (podes asociarte cubrindo o formulario que se atopa neste enlace).
O prazo de matrícula remata o venres 19 de setembro ás 23.59 horas e as actividades desenvolveranse entre outubro e maio. A listaxe definitiva de alumnado admitido farase público unha vez rematado o prazo de matrícula.
O número mínimo de alumnos por actividades será de 8. Todas as actividades, gratuítas ou de pago, teñen un número máximo de participantes. As actividades de pagamento levaranse a cabo sempre que haxa un mínimo de persoas anotadas.
A continuación reproducimos as instrucións para formalizar a matrícula e poder asociarse a ANPA.
Matrícula: As actividades terán unha matrícula de 30 €/ano por actividade e por alumno. As familias socias da ANPA estarán exentas do pago desta matrícula.
Prazo de matrícula: A matrícula poderá facerse online ata as 23.59 horas do 19 de setembro a través deste formulario de inscrición da ANPA (preme aquí)
Facerse socio da ANPA: Todas as familias poden facerse socias da ANPA aboando unha cota de 20 € por familia. O formulario para facerse socio da ANPA para o curso 2025-2026 está dispoñible na web da ANPA (preme aquí).
Prezo das actividades: Podes consultar o prezo de cada actividade e as novidades na imaxe adxunta ou neste enlace (preme aquí)
- O alumnado que se apunte a dúas ou máis actividades terá un desconto do 20% na actividade de menor importe
Descontos para socios:
- Os socios da ANPA aforran a matrícula de 30€ por actividade e crianza.
Publicación das listaxes definitivas de actividades: Todas as actividades de pago da ANPA teñen un número mínimo de participantes. Finalizado o prazo de matrícula (19 de setembro) a ANPA elaborará listaxes definitivas de nenos e actividades. As listaxes definitivas serán comunicadas o antes posible.
Cálculo do importe a pagar: Sumarase o importe mensual das actividades nas que están aceptadas todas as crianzas da familia. Este importe multiplicarase por 9 (meses de duración das actividades de outubro a xuño). O resultado será o importe TOTAL a pagar anualmente (ademais da matrícula de 30 € por actividade e menor no caso de non ser socios da ANPA).
Formas de pagamento: Farase por familia. O abono das actividades será por domiciliación bancaria elixindo entre dúas posibles formas de pago:
- Pago único anual.
- Pago trimestral: dividirase en 3 o importe total a pagar e efectuaranse os cobros antes do 10 de novembro, antes do 10 de marzo e antes do 10 de maio, respectivamente.
- Como facer o pagamento: O pagamento das actividades será por domiciliación bancaria. Será preciso dar autorización no formulario de inscrición.
Resolución de dúbidas: Para calquera dúbida está dispoñible o whatsapp no número 692 205 776. Tamén por correo electrónico no enderezo: anpacaminosantiago@gmail.com. Resolveranse as dúbidas en canto sexa posible.