A ANPA do CPI Camiño de Santiago abre o prazo de matrícula para as actividades extraescolares que organiza de 15.30 a 16.30 horas todos os días lectivos agás os martes. As familias interesadas teñen ata as 23.59 horas do domingo 22 de setembro para anotar aos seus fillos e fillas a estas actividades. 

44

A inscrición deberá facerse cubrindo o formulario de matrícula (neste enlace). A matrícula será gratuíta para os asociados da ANPA (faite socio ou renova aquí) e haberá descontos en algunhas actividades para as familias asociadas.

As actividades extraescolares para este curso divídense en dous grandes grupos. Unhas son gratuítas e están organizadas pola ANPA (ludoteca, biblioteca e informática) ou polo Concello do Pino(psicomotricidade, creatividade, contacontos, papiroflexia, multideporte, maxia e baile moderno), e outras son de pagamento organizadas pola ANPA. 

As actividades de pagamento para este curso son: música e movemento, danza urbana, marionetas e títeres, artes escénicas, pintura, ioga, inglés escénico, xadrez, teatro, baloncesto, hockey, ilustración e anatomía, kárate, guitarra, robótica e teatro.

A oferta de actividades extraescolares que organiza a ANPA para o curso 2024-2025 pode consultarse na seguinte imaxe. A programación das actividades, así como o dosier das novidades pódese consultar e descargar neste enlace (preme aquí)

Como matricularse e facer o pago

Para participar nestas actividades é necesario inscribirse cubrindo o formulario que se atopa neste enlace (preme aquí). No caso das actividades de pagamento, hai que formalizar a matrícula, que terá un custo de 30 euros e será gratuíta para as familias que sexan socias da ANPA (podes asociarte cubrindo o formulario que se atopa neste enlace).

O prazo de matrícula remata o domingo 22 de setembro ás 23.59 horas e as actividades desenvoveranse entre outubro e maio. A listaxe definitiva de alumnado admitido farase público unha vez rematado o prazo de matrícula.

O número mínimo de alumnos por actividades será de 8. Todas as actividades, gratuítas ou de pago, teñen un número máximo de participantes. As actividades de pagamento levaranse a cabo sempre que haxa un mínimo de persoas anotadas.

A continuación reproducimos as instrucións para formalizar a matrícula e poder asociarse a ANPA.

  1. Matrícula: As actividades terán unha matrícula de 30 €/ano por actividade e por alumno. As familias socias da ANPA estarán exentas do pago desta matrícula.
  2. Prazo de matrícula: A matrícula poderá facerse online ata as 23.59 horas do 22 de setembro a través deste formulario de inscrición da ANPA (preme aquí)
  3. Facerse socio da ANPA: Todas as familias poden facerse socias da ANPA aboando unha cota de 20 € por familia. O formulario para facerse socio da ANPA para o curso 2024-2025 está dispoñible na web da ANPA (preme aquí).
  4. Prezo das actividades: Podes consultar o prezo de cada actividade e as novidades neste enlace (preme aquí)
    • O alumnado que se apunte a dúas ou máis actividades terá un descontó do 20% na actividade de menor importe
  5. Descontos para socios:
    • Os socios da ANPA aforran a matrícula de 30€ por actividade e crianza.
    • Kárate: a cota mensual para socios da ANPA será de 20 euros. A ANPA tamén asumirá o prezo da licenza federativa (30 €/alumnos).
    • Robótica: a cuota mensual para os socios será de 15 €/mes
    • Pintura: O importe corespondente ao material asúeo íntegramente a ANPA: 26 €/alumno.
  6. Publicación das listaxes definitivas de actividades: Todas as actividades de pago da ANPA teñen un número mínimo de participantes. Finalizado o prazo de matrícula (22 de setembro) a ANPA elaborará listaxes definitivas de nenos e actividades. As listaxes definitivas serán comunicadas o antes posible.
  7. Cálculo do importe a pagar: Sumarase o importe mensual das actividades nas que están aceptadas todas as crianzas da familia. Este importe multiplicarase por 8 (meses de duración das actividades de outubro a maio). O resultado será o importe TOTAL a pagar anualmente (ademais da matrícula de 30 € por actividade e menor no caso de non ser socios da ANPA).
  8. Formas de pagamento: Farase por familia. O abono das actividades será por domiciliación bancaria elixindo entre dúas posibles formas de pago:
    • Pago único anual.
    • Pago trimestral: Dividirase en 3 o importe total a pagar e efectuaranse os cobros antes do 10 de novembro,  antes do 10 de marzo e antes do 10 de maio, respectivamente.
  9. Como facer o pagamento: O pagamento das actividades será por domiciliación bancaria. Será preciso dar autorización no formulario de inscrición que se atopa na web e que se enviará por abalar desde o centro.
  10. Resolución de dúbidas: Para calquera dúbida está dispoñible o teléfono 692 205 776, preferiblemente usando WhatsApp. Tamén por correo electrónico no enderezo: contacto@anpacaminosantiago.es. Resolveranse as dúbidas en canto sexa posible.