A xunta directiva da Anpa do CPI Camiño de Santiago convoca a todas as nais e pais de Infantil, Primaria e Secundaria á asemblea xeral extraordinarias que se vai desenvolver o venres, 24 de setembro de 2021 no centro sociocultural Luis Seoane de Arca. A primeira convocatoria quedou fixada para ás 19.15 horas e, a segunda e definitiva para as 19.30 horas.

Nesta ocasión celebrarase unha sola asemblea, que terá a seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior

2.- Informes da directiva

3.- Renovación de cargos da Xunta Directiva

4.- Rogos e preguntas