A ANPA do CPI Camiño de Santiago abre o prazo de matrícula para as actividades extraescolares que organiza de 15.30 a 16.30 horas todos os días lectivos agás os martes. As familias interesadas teñen ata o 24 de setembro para anotar aos seus fillos e fillas a estas actividades. 

A inscrición deberá facerse cubrindo o formulario de matrícula (neste enlace). A matrícula será gratuíta para os asociados da ANPA (faite socio ou renova aquí) e haberá desconto por pagamento anual nun so prazo.

As actividades extraescolares para este curso divídense en tres grandes grupos. Unhas son gratuítas e están organizadas polo colexio (ludoteca, biblioteca e informática) ou polo Concello do Pino (maxia, creatividade, taller de contos, psicomotricidade, baile moderno, papiroflexia e multideporte), e outras son de pagamento organizadas pola ANPA. 

O baloncesto está impartido por persoal do Monbús Obradoiro e ballet e baile moderno para infantil pola profesora Vanessa Otero Perez, da academia Balancé. De impartir mates de usar e tocar, robótica, mecanografía e ofimática encargarase Aula Desafío, e Avalon Kai das clases de karate. O campión galego Roberto Patiño volve impartir un ano máis a actividade de xadrez.

A oferta de actividades extraescolares que organiza a ANPA, en colaboración co Concello do Pino, así como os seus horarios pódense consultar na seguinte imaxe.

Como matricularse e facer o pago

Para participar nestas actividades é necesario inscribirse cubrindo o formulario que se atopa neste enlace (preme aquí). No caso das actividades de pagamento, hai que formalizar a matrícula, que terá un custo de 30 euros e será gratuíta para as familias que sexan socias da ANPA (podes asociarte cubrindo o formulario que se atopa neste enlace).

O prazo de matrícula remata o vindeiro 24 de setembro e as actividades desenvovleranse entre outubo e maio. A listaxe definitiva de alumnado admitido farase público a finais de setembro.

Todas as actividades, gratuítas ou de pago, teñen un número máximo de participantes. A inscrición en cada unha delas farase por orde de formalización de matrícula, polo que se recomenda as familias que elixen varias opcións para as crianzas. As actividades de pagamento levaranse a cabo sempre que haxa un mínimo de persoas anotadas.

A continuación reproducimos as instrucións para formalizar a matrícula e poder asociarse a ANPA.

  1. Matrícula: As actividades terán unha matrícula de 30€/ano por actividade e por alumno. As familias socias da ANPA estarán exentas do pago desta matrícula.
  2. Prazo de matrícula: A matrícula poderá facerse online ata o 24 de setembro a través deste formulario de inscrición da ANPA (preme aquí)
  3. Facerse socio da ANPA: Todas as familias poden facerse socias da ANPA aboando unha cota de 20€/familia. O formulario para facerse socio da ANPA para o curso 2023-2024 está dispoñible na web da ANPA (preme aquí).
  4. Prezo das actividades:
    • Mates de usar e tocar (Infantil): 20 € por mes e nen@
    • Baloncesto (Mombus Obradoiro) Primaria: 20 € por mes e nen@ (2 días) ou 12 € por mes e nen@ (1 día) + prezo da equipación (sobre 30€)
    • Iniciación a musica Infantil (Actex): 15 € por mes e nen@
    • Teatro (Primaria): 20 € por mes e nen@
    • Inglés escénico (1º, 2º e 3º Primaria): 20 € por mes e nen@
    • Ballet Infantil (Balance): 15 € por mes e nen@
    • Pintura Primaria (Actex): 15 € por mes e nen@ + 25 € de material ao ano
    • Teatro (Infantil): 20 € por mes e nen@
    • Mecanografía e ofimática a partir de 4ºEP (aula Desafío): 30 € por mes e nen@
    • Ballet Primaria (Balance): 15 € por mes e nen@
    • Xadrez Primaria (Roberto Patiño): 15 € por mes e nen@
    • Multiobradoiro Manualidades/Ciencia divertida Infantil (Actex): 15 € por mes e nen@ + 25 € de material ao ano
    • Karate 1º, 2º, 3º Primaria (Avalon Kai): 20 € por mes e nen@ + licencia + karategui + exames
    • Karate 4º, 5º, 6º Primaria (Avalon Kai): 20 € por mes e nen@ + licencia + karategui + exames
      • Prezos licencias (30 € e 5€ polo carné de graos o primeiro ano)
      • Prezo Karategui (35€ ata 130 cm, 45€ entre 140 e 160 cm e 80€ o de competición)
      • Prezo exames (15€ o grao medio e 20€ o grao enteiro)
    • Ciencia Divertida Primaria (Actex): 15 € por mes e nen@ + 25 € de material ao ano
    • Baile moderno Infantil (Balance): 15 € por mes e nen@
    • Inglés escénico 4º, 5º e 6º Primaria: 20 € por mes e nen@
    • Robótica 4º, 5º, 6º Primaria (Aula Desafío): 30 € por mes e nen@
    • Pandeireta e percusión (Primaria): 15 € por mes e nen@
  5. Descontos para socios:
    • Os socios aforran a matrícula de 30€ por actividade e crianza.
    • Pago único anual: Ao importe total a pagar restaránselle unha mensualidade por actividade en concepto de desconto por pago anual.
  6. Publicación das listaxes definitivas: Todas as actividades de pago da ANPA teñen un número mínimo de participantes. Finalizado o prazo de matrícula (24 de setembro) a ANPA elaborará listaxes definitivas de nenos e actividades. As listaxes definitivas serán comunicadas ao centro, se é posible, o 28 de setembro.
  7. Cálculo do importe a pagar: Sumarase o importe mensual das actividades nas que están aceptadas todas as crianzas da familia. Este importe multiplicarase por 8 (meses de duración das actividades de outubro a maio). O resultado será o importe TOTAL a pagar anualmente (ademais da matrícula de 30 € por actividade e alumn@ no caso de non ser socios da ANPA).
  8. Formas de pagamento: Farase por familia. O abono das actividades será por domiciliación bancaria elixindo entre dúas posibles formas de pago:
    • Pago único anual: Ao importe total a pagar restaráselle unha mensualidade por actividade en concepto de desconto por pago anual.
    • Pago trimestral: Dividirase en 3 o importe total a pagar e efectuaranse os cobros (antes do 10 de novembro,  antes do 10 de marzo e antes do 10 de maio respectivamente).
  9. Como facer o pagamento: O pagamento das actividades será por domiciliación bancaria. Será preciso dar autorización no formulario que se atopa na web, nas redes e que se enviará por abalar desde o centro.
  10. Resolución de dúbidas: Para calquera dúbida está dispoñible o teléfono 692 205 776, preferiblemente usando WhatsApp ou SMS. Tamén por correo electrónico no enderezo: contacto@anpacaminosantiago.es. Resolveranse as dúbidas en canto sexa posible.