Ata o vindeiro 3 de febreiro o alumnado e as familias de centros de primaria, secundaria e bacharelato poderán participar na segunda edición do concurso ‘Fotografías pola Igualdade’ que organiza a Federación Galega de ANPAS (FANPA) Compostela. Dende a ANPA do CPI Camiño de Santiago animamos a todas ás familias e alumnado a participar enviando imaxes de como ven a Igualdade.
Con este concurso, dende a FANPA Compostela quérese promover á reflexión e permitir que o alumnado ou as súas familias dos centros de primaria, secundaria e bacharelato amosen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito.
Para poder participar no concurso hai que enviar una fotografía, en formato JPEG, TIF ou PNG de máxima calidade (cun tamaño inferior aos 5 Mb) ao enderezo electrónico anpascompostela@gmail.com.
Haberá premios para as tres mellores fotografías en cada categoría, que consistirán nun diploma, impresión da imaxe e 100, 75 e 50 euros para o alumnado. Na categoría de familias non hai dotación económica. O prazo remata ás 24.00 horas do 3 de febreiro. As bases íntegras do concurso pódense consultar neste enlace (preme aquí).