Ata o vindeiro 30 de abril o alumnado e as familias de centros de primaria, secundaria e bacharelato poderán participar na cuarta edición do concurso ‘Fotografías pola Igualdade’ que organiza a Federación Galega de ANPAS Compostela. Dende a ANPA do CPI Camiño de Santiago animamos a todas ás familias e alumnado a participar enviando imaxes de como ven a Igualdade. No concurso tamén poden participar alumnado e familias de conservatorios e escolas de música públicos.
Con este concurso, dende a FANPA Compostela quérese promover á reflexión e permitir que o alumnado ou as súas familias dos centros de primaria, secundaria e bacharelato amosen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito.
Para poder participar no concurso hai cubrir o formulario de inscrición e enviar unha fotografía inédita e orixinal, en formato JPEG, TIF ou PNG de máxima calidade (cun tamaño inferior aos 10 Mb) xunto co boletín de inscrición accesible na web oficial do concurso. A imaxes irán acompañadas dun título e un pequeno texto explicativo do que representa
Haberá premios para as tres mellores fotografías en cada categoría, que consistirán nun diploma, impresión da foto e cheque agasallo de material escolar de 100, 75 e 50 euros para o alumnado. Na categoría de familias non hai dotación económica.
O prazo remata ás 23.59 horas do 30 de abril. As bases do concurso pódense consutar neste enlace (preme aquí)