O mércores 30 de novembro finaliza o prazo para o pagamento das actividades extraescolares organizadas pola ANPA do CPI Camiño de Santiago, tanto do pago único anual como do primeiro trimestre do pago fraccionado.

As familias que opten por realizar un pago único beneficiaranse dun desconto de 20 euros sobre o importe total por alumno. Por outra banda, aquelas que elixan a modalidade de pago fraccionado deberán aboar a terceira parte do importe total antes do 30 de novembro e realizar os dous pagos restantes en marzo e maio.

A ANPA está a informar de forma individualizada a cada familia do importe que lle corresponde pagar. A comunicación realízase por correo electrónico e, no caso de non tela recibido aínda, chegará nos próximos días.

Información relativa ao pago das actividades extraescolares

1. Matrícula: As actividades teñen unha matrícula de 25€/ano por actividade e por alumno. As familias socias da ANPA están exentas do pago desta matrícula.

2. Prezo das actividades:

• Actividades de 20€/mes: Baloncesto (2 días/semana), Karate (1 día/semana), Teatro (1 días/semana) e Inglés Escénico (1 días/semana).
• Actividades de 15€/mes: Baloncesto (1 día/semana), Cociña (1 día/semana), Ballet (1 día/semana), Xadrez (1 día/semana), Mecanografía (1 día/semana), Robótica (1 día/semana).

3. Descontos por máis dunha actividade:

  • Os alumnos matriculados en máis dunha actividade teñen un desconto na segunda e sucesivas actividades dun 30%. Por exemplo un alumno matriculado en tres actividades aboará o importe completo da primeira actividade, o importe da segunda actividade cun desconto do 30% e o importe da terceira actividade cun desconto do 30%.
  • Tomarase sempre como primeira actividade a de importe máis alto. Por exemplo un alumno matriculado en tres actividades de prezos 15€, 20€ e 15€ pagará sempre o importe completo da actividade de 20€ e aplicaráselle o desconto nas dúas actividades de 15€.
  • O desconto realizarase por alumno, polo que para aplicar o desconto un alumno ten que estar matriculado en máis dunha actividade de pago da ANPA.
  • Nas actividades de 20€ o desconto do 30% implica aboar 14€/mes. Nas actividades de 15€ o desconto do 30% implica aboar 10,5€/mes.

4. Cálculo do importe a pagar: Sumarase o importe mensual das actividades nas que está aceptado o alumno tendo en conta o desconto por múltiples actividades. Este importe multiplicarase por 8 (meses de duración das actividades de outubro a maio). O resultado será o importe TOTAL a pagar anualmente.

5. Formas de pagamento: O abono das actividades pode realizarse de dúas formas:

  • Pago único anual: Ao importe total a pagar restaránselle 20€ en concepto de desconto por pago anual por alumno. Efectuarase o abono desta cantidade mediante transferencia na conta da ANPA antes de 30 de novembro de 2022.
  • Pago fraccionado: Dividirase en 3 o importe total a pagar e efectuaranse 3 abonos do resultado da operación (importe total a pagar / 3) antes do 30 de novembro, 10 de marzo e 10 de maio respectivamente.

6. Como facer o pagamento: O pagamento das actividades realizarase en un ou tres prazos mediante unha transferencia á conta da ANPA (ABANCA: ES98 2080 0337 1030 4001 0728). Para poder identificar o pagamento é preciso especificar na descrición da transferencia «ACTIVIDADES NOME APELIDO1 APELIDO2», sendo NOME o nome do alumno, e APELIDO1 e APELIDO2 os apelidos do alumno.

7. Resolución de dúbidas: Para calquera dúbida está dispoñible o teléfono 692 205 776, preferiblemente usando WhatsApp ou SMS. Tamén por correo electrónico no enderezo: contacto@anpacaminosantiago.es