O alumnado de 1º e 2º de ESO comezará o curso o vindeiro mércores, día 23. O alumnado de 3º incorporarase o xoves e, o venres, será a quenda para o alumnado de 4º da ESO. 

En todos os casos, a entrada e a saída será polo portalón do transporte. En canto cheguen ao centro dirixiranse directamente ás aulas asignadas, mantendo en todo momento a distancia de 1,5 metros e evitando aglomeracións. A ubicación das aulas pódese comprobar na web do CPI Camiño de Santiago (preme aquí).

A Consellería de Educación actualizou o pasado venres, día 18, o Programa de acollida no CPI Camiño de Santiago (que se pode consultar neste enlace) e tamén actualizou o Plan de Adaptación ao contexto da covid-19 para o curso 2020-2021 (que podes consultar neste enlace).

Folga de profesorado

Para o mércores, día 23, está convocada unha folga de profesorado reclamando un regreso seguro ás aulas. Tanto a ANPA do CPI Camiño de Santiago, como a Confederación de ANPAS Galegas apoian esta folga.

Só servizo de Madrugadores

O servizo de Madrugadoras, que presta a empresa SIF Servicios, será o único que funcione durante o presente curso escolar 2020-2021. 

Como recordamos o pasado mes de xullo dende a web da ANPA (preme aquí),  SIF Servicios xa abriu o prazo de inscrición para que as familias interesadas poidan anotarse no servizo Madrugadores. Os método de contacto para as familias interesadas son chamar ao teléfono 677 555 748 ou enviando un correo electrónico ao enderezo madrugadores@sifservicios.com

SIN Actividades extraescolaresDende a ANPA do CPI Camiño de Santiago infórmase ás familias que debido aos protocolos derivados da covid-19, este ano non se van a organizar actividade extraescolares no CPI Camiño de Santiago.