A ANPA do CPI Camiño de Santiago chegou a un a cordo de colaboración coa piscina cuberta de Arzúa para impartir cursos de natación para o alumnado de Primaria, con diversidade de horarios adaptados ás necesidades das familias.

Cada neno que acuda á piscina deberá pagar 7,35 euros mensuais, segundo o acordó alcanzado.

Nestes intres estamos á espera de coñecer a resposta dos xestores da piscina para ampliar esta colaboración tamén ao alumnado de Infantil. Esperamos coñecer a respostas estes días.
As familias interesadas deberán contactar coa vocal da ANPA Asunción Maillo no teléfono 653 716 168 tanto para anotar aos seus fillos e fillas como para aclarar as dúbidas que teñan.