O alumno de cuarto de Primaria do CPI Camiño de Santiago Iago Bello foi quen deseñou o novo logotipo da Asociación de Nais e Pais, nun concurso promovido pola ANPA e no que participaron corenta alumnos do centro. O xurado encargado de elixir a proposta gañadora estivo integrado por dous membros da ANPA, dous profesores e dous alumnos.
O logotipo que deseñou Iago Bello é o que ilustra esta nova. Como gañador do concurso, o pasado 27 de abril, a presidenta da ANPA, Ángeles Furelos, e o vogal da xunta directiva, Severino Pérez, entregáronlle a Iago un pequeño agasallo: un balón de fútbol e material deportivo. No acto tamén estivo presente a titora do ganador, Isabel Fandiño López.
Dende a ANPA queremos agradecerlle a todo o alumnado participante no concurso a súa implicación para elixir o novo logotipo da Asociación. Agardamos que vos guste tanto como a nós.