O Concello do Pino volve organizar durante as vacacións de Semana Santa un campamento urbano para facilitar a conciliación. As familias interesadas poden inscribir aos seus fillos e fillas ata o 27 de marzo.

As actividades desenvolverán os días 3, 4, 5 e 10 de abril, de 8.30 a 14.30 horas no polideportivo que está pegado ao colexio.

Podes descargar a folla de inscrición e ler as bases deste campamento na web do Concello do Pino, neste enlace (preme aquí).