O Concello do Pino concedeulle á ANPA do CPI Camiño de Santiago unha subvención de 7.350 euros para cofinanciar as actividades que desenvolve a asociación.
Dende a directiva da ANPA infórmase ás familias que esta achega do goberno municipal destinarase a reducir a cota das actividades do vindeiro curso escolar. Esta subvención nominativa foi aprobada pola Xunta de Goberno Local. Segundo establece o procedemento, o presidente da ANPA asiduo un convenio de colaboración co Concello, no que se establecían as bases para recibir esta achega e a forma de xustificala.