O Concello de O Pino vén de concederlle unha subvención ao alumnado de 4º da ESO para colaborar na organización de fin de curso e de estudos no CPI Camiño de Santiago.
O importe da subvención foille entregado a directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago para colaborar co alumnado de último curso de ESO para que pidan realizar a tradicional viaxe de fin de estudos.
Esta achega económica do Concello vense mantendo dende hai anos para colaborar coa viaxe que tradicionalmente organiza o alumnado do último curso da ESO do CPI Camiño de Santiago.