A xunta directiva da Anpa do CPI Camiño de Santiago convoca a todas as nais e pais ás asembleas xerais ordinarias que se van desenvolver o martes 20 de abril de 2021 no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane. Por causa da Covid e coa fin de evitar aglomeracións, faranse dúas asambleas: unha para os proxenitores do alumnado de infantil e primaria e outra para os de secundaria.
Convocatoria Infantil e Primaria
A asemblea de Educación Infantil e Primaria celebrarase a partir das 19:00 horas, en primeira convocatoria, e das 19:15, en segunda convocatoria.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
- Informes da directiva.
- Rogos e preguntas.
Convocatoria ESO
A continuación terá lugar a asemblea de ESO, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda convocatoria.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
- Informes da directiva.
- Rogos e preguntas.