O vindeiro luns, 11 de maio, e ata o día 18, restablécese o prazo para solicitar praza no CPI Camiño de Santiago así como nos demais centros públicos sostidos con fondos públicos, segundo anuncia na súa web o colexio público de O Pino. O prazo de matrícula será do 1 ao 10 de xullo de 2020.

Os novos prazos para o proceso de admisión do alumnado son os seguintes:

  • Solicitude de admisión: Do 11 ao 18 de maio (completando deste xeito o tempo que restaba para solicitar praza cando se declarou o estado de alarma).
  • Listaxes provisionais: A relación provisión de admitidos e excluídos farase pública antes do 9 de xuño.
  • Reclamacións: As alegacións contra a listaxe provisional poderanse formular no prazo de 3 días hábiles contados dende o día seguinte ao da súa publicación.
  • Listaxes definitivas: A relación definitiva de admitidos e non admitidos publicaranse ata o 26 de xuño de 2020
  • Matrícula en Infantil e Primaria: O alumnado admitido en educación Infantil e Primaria deberá formalizar a súa matrícula entre o 1 e 10 de xullo.
  • Matrícula ESO e Bacharelato. O prazo ordinario para matricularse en ESO e Bacharelato será tamén do 1 ao 10 de xullo. Haberá un prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro.

Instrucións de final de curso

O CPI Camiño de Santiago tamén publica na súa web como se vai desenvolver o terceiro trimestre do curso académico 2019-20, unha vez publicadas as instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación.

As actividades lectivas do presente curso escolar seguirán ata o día 19 de xuño.

Estas instrucións para as familias e alumnado pódense consultar nos seguintes enlaces: