Admisión novo alumnado curso 2021(2022

Lembrámoslles a todas as familias interesadas en matricular os seus nenos no colexio de Arca que o prazo de admisión de solicitudes remata o 22 de marzo, tanto para comezar a escolarización de 3 anos en cuarto de Infantil, coma para novo alumnado dos outros dous cursos de educación infantil ou de calquera de primaria ou de secundaria.

As familias poden presentar as súas solicitudes de tres xeitos diferentes:

  • A través da Sede Electrónica.  Unha vez dentro da aplicación, accederase ao menú, Solicitude – Admisión – Crear – Confirmar.
  • Cumprimentando a solicitude que se pode descargar nesta ligazón, para despois entregala na secretaría do centro, xunto coa documentación.
  • Recollendo o impreso na propia secretaría do centro, onde se entregará despois cumprimentado e coa documentación pertinente.

 O horario de atención ao público na secretaría é o seguinte:

  • 9:45 – 11:15
  • 12:10 -14:00
  • Os martes de 9:45 -11:15 e de 12:10 a 13:20