
O servizo de comedor escolar do CPI Camiño de Santiago precisa de persoas voluntarias para poder funcionar con normalidade durante o curso escolar que comeza o vindeiro luns, 11 de setembro. Dende a directiva da ANPA solicitamos a pais e nais a súa colaboración para participar como persoal voluntario no comedor e manter un servizo tan importante para as nosas fillas e fillos.
A vosa colaboración será moi valiosa para garantir a calidade e a seguridade do comedor, así como para fomentar hábitos saudables e de convivencia entre o alumnado. Ademais, será unha oportunidade para coñecer mellor o funcionamento do colexio e compartir experiencias con outras familias.
Para participar como voluntarios ou voluntarias do comedor, só tedes que pasar pola dirección do colexio e deixar alí os vosos datos persoais. Tamén podedes contactar con colexio por correo electrónico en no enderezo cpi.camino.santiago@edu.xunta.gal ou a través do teléfono 881 86 70 06.
Dende a directiva da ANPA agradecemos de antemán a vosa disposición e esperamos contar con vós.