
Dende a ANPA do CPI Camiño de Santiago informamos ás familias que este venres, 1 de marzo, o colexio celebra o Entroido, polo que se suspendes as actividades extraescolares, que retomaremos o vindeiro 7 de marzo, xoves.
Aqueles que desexen participar no concurso de disfraces que organiza o Concello de O Pino, recordámosvos que o mesmo celebrarase o domingo, 3 de marzo, pola tarde. A inscrición abrirase ás 16.30 horas e o concurso comeza ás 17.30 horas. Haberá un agasallo para os nenos e nenas menores de 12 anos que se inscriban no concurso e desfiles disfrazados polo escenario. Máis información na web do Concello, neste enlace (preme aquí).
Desexámosvos a todas e todos un bo Entroido.