O pavillón do CPI Camiño de Santiago celebrou este luns 12 de febreiro a terceira edición da Xuntanza de Escolas Obradoiristas organizada pola Fundación Obradoiro coa colaboración da Asociación de Nais e País e o Concello de O Pino.
A presenza de dous dos bases do equipo do Monbus Obradoiro que milita na Liga ACB, o arxentino Fernando Zurbriggen e o catalán Pol Figueras, foi a gran atracción nunha xornada que busca fomentar o baloncesto entre os máis pequenos e pequenas da comarca e que mestura a convivencia e o deporte.
O pavillón do CPI Camiño de Santiago acolleu unha mañá chea de risas, de básquet e de aprendizaxe da que gozou a cativada pero tamén os xogadores do primeiro equipo do Obradoiro CAB e os adestradores das diferentes escolas, sempre atentos a guiar e a contestar as dúbidas dos nenos e as nenas.