A Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia, que se presentou baixo o lema O verán que sempre vas lembrar, ofrece á xuventude e á mocidade galega a posibilidade de participar durante os meses de xullo, agosto e setembro en diferentes campamentos e campos de voluntariado.
Os campamentos de verán en Galicia van dirixidos á mocidade entre 9 e 17 anos. O prazo para presentar as solicitudes será do 18 de abril ao 2 de maio. Ademais de ser unha actividade de ocio tamén contribúen á conciliación da vida familiar e laboral. Estes campamentos levaranse a cabo en diversas quendas de entre 8 e 12 días de duración. As persoas interesadas poden escoller o campamento que queira en función da idade e das actividades que se leven a cabo nel. Consulta o folleto informativo nesta ligazón.
A xente nova de entre 18 e 30 anos ten a posibilidde de participar nos campos de voluntariado. Neste caso a Xunta ofrece tres alternativas:
Campos de voluntariado en Galicia. A apertura do prazo de inscrición será o 18 de abril
Campos de voluntariado noutras CCAA : o prazo de inscrición abre o 2 de abril
Campos de voluntariado no estranxeiro: Aberto ata esgotar as prazas
Finalmente, a Administración Galega tamén ofrece á posibilidade de participar nos minicampamentos Coñece Galicia (estancia de 5 días, de luns a venres).
Na páxina web de Xuventude da Xunta atoparás toda a información dos programas. Preme nesta ligazón.