Os nenos e nenas dos grupos de teatro da ANPA CPI Camiño de Santiago representarán tres obras como peche das actividades extraescolares do curso 2018/2019, o vindeiro sábado día 15 na Casa da Cultura a partir das sete da tarde.
Os cativos participantes nesta actividade serán os protagonistas das actuacións para as que levan preparándose durante moito tempo. ‘Os catro dormidiños’, ‘Parque circo’ e ‘O deente’ son os nomes das pezas teatrais onde se poderá observar as dotes artísticas dos nenos e nenas, baixo a dirección de Helena Hernández, a mestra de teatro.
A obra ‘O deente’ trátase dunha obra orixinal creada polos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria do CPI Camiño de Santiago.
As representacións de fin de curso están programadas para o sábado 15 de xuño, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural Luis Seoane, no auditorio municipal de O Pino. Alí, os pequenos artistas amosarán as melloras na súa expresión oral e corporal obtidas durante este curso co grupo de teatro.