A cativada do CPI Camiño de Santiago gozou cos obradoiros de robótica educativa celebrados este Nadal.
A actividade organizada pola ANPA en colaboración co Concello do Pino e a empresa Aula Desafío permitiu aos nenos e ás nenas coñecer as partes básicas dun robot (sensores, placa de control e actuadores), así como achegarse a conceptos básicos de programación (eventos, bucles, condicionais…).
As clases desenvolvéronse de xeito moi activo, polo que os participantes foron capaces de construír e programar os prototipos dun robot futbolista, unha buxaina automatizada ou un mando de consola para controlar un pequeno videoxogo programado tamén por eles mesmos.
En total foron catro obradoiros que deron moito de si !
Estes talleres completáronse cun éxito tanto de participación como de satisfacción por parte do alumnado, as súas familias e o profesorado.
Foron moitos os momentos destacados neste días, nos que se sucederon anécdotas divertidas como o día no que un dos robots futbolistas marcou un gol na súa propia portería, provocando unha chea de risas. Tamén houbo momentos de emoción e orgullo, como cando os nenos amosaron aos seus pais a buxaina automatizada que eles construíran.
A ANPA do CPI Camiño de Santiago agradece ao Concello do Pino e á Aula Desafío a súa colaboración neste proxecto, que pretende fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre o alumnado do centro. Tamén agradece ás familias a súa confianza e o seu apoio nesta iniciativa.
A ANPA do CPI Camiño de Santiago xa está a traballar en novos obradoiros de robótica para este curso, co obxectivo de ofrecer espazos de lecer e aprendizaxe para os seus socios e socias.