A Xunta Directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago chegou a un acordo co grupo Los Ángeles Gas (LAG) que permitirá aos socios da ANPA ter descontos de 5 centimos en litro en todos os repostaxes que realicen nas estacións de servizo deste grupo, entre as que se topa a situada en Castrofeito.

Segundo consta no acordo que se pode consultar no arquivo adxunto, este desconto non será aplicable ao reparto de gasóleo a domicilio, nin é compatible con outro tipo de descontos inmediatos que poida ter LAG. Sí será compatible coas tarxetas de findelización ou tarxetas de pago que apliquen algún tipo de desconto polo seu uso.

Os socios da ANPA que estean interesados en acollerse a este acordo deberán solicitar ao grupo Los Ángeles Gas as tarxetas identificativas. Para iso deberán encher o formulario que figura no documento adxunto e, xunto cunha copia do recibo de pago da cuota da ANPA para o curso escolar 2020-21, envialo por correo electrónico ao enderezo sandra@losangelesgas.es, entregarllo a algún membro da directiva da ANPA ou nalguha das gasolineiras de LAG.

As persoas que teñan dúbidas poden contactar coa persoa de LAG encargada deste acordo, que se chama Sandra, no teléfono 981 509 999, ou con membros da directiva da ANPA.