A ANPA informa de que se esta a actualizar o Plan de convivencia do CPI Camiño de Santiago, que é o documento que establece as normas, os dereitos e os deberes da comunidade educativa, así como as medidas para previr e resolver os conflitos que poidan xurdir no día a día do colexio, como por exemplo:

  • Normas de comportamento en clase: Como deben comportarse os alumnos durante as clases.
  • Normas de uso das instalacións: Como deben utilizarse as diferentes zonas do centro, como o comedor, a biblioteca e o patio.
  • Normas de puntualidade e asistencia: Como se debe xestionar a puntualidade e a asistencia ás clases.
  • Normas de respecto aos demais: Como se debe tratar aos demais membros da comunidade educativa, incluíndo compañeiros, profesores e persoal non docente.

Segundo temos coñecemento, o colexio está a actualizar este plan, pero non esta a contar coa colaboración das familias. Dende a ANPA e os representantes das familias no consello escolar creemos que as familias debemos estar implicadas neste tema, que afecta directamente á educación e ao benestar dos nosos fillos e fillas.

Por este motivo convocamos una reunión para o día 7 de marzo as 5:30 da tarde na casa de cultura, xa que é importante que as familias e os alumnos participemos na elaboración deste plan. A idea desta reunión é recoller as propostas das familias e alumnado para trasladarllas ao colexio e que as teñan en conta para a actualización do devandito plan, que terá que ser aprobado en consello escolar cos votos de profesores alumnos e familias mais ANPA.

Se tedes algunha dúbida ou consulta, podedes contactar con nós a través do noso correo electrónico : contacto@anpacaminosantiago.es ou do noso teléfono: 692 205 776.

Tamén o podes facer ao correo dos representantes das familias no consello escolar que son os que están a traballar co colexio neste tema mediante o correo electrónico familias.cpicaminodesantiago@gmail.com

Un saúdo e esperamos verte na reunión o próximo xoves 7 de marzo as 5:30 horas. Non faltes porque é importante.

Enlace: Formulario de confirmación de asistencia.

Documentación: Plan de convivencia 2020