A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de comunicar a suspensión de todas as actividades no exterior previstas para mañá nos centros educativos debido a unha alerta de nivel laranxa por fortes ventos. Esta decisión supón que se suspende a excursión ao parque eólico experimental Sotavento na que ía participar mañá o alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago.

Na súa páxina web, a Consellería de Educación advirte de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de vento superiores a 90-100km/h, que comezará mañá, martes día 26 de novembro, ás 14.00 horas e prolongarase ata as00:00 horas do día 27. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica do interior da provincia da Coruña, a Mariña, montaña e centro da provincia de Lugo, interior da provincia de Pontevedra, e o sur e montaña da provincia de Ourense. Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou suspender as actividades no exterior nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.Por este motivo, o CPI Camiño de Santiago de O Pino suspende a excursión programada para mañá do alumnado de 3º e 4º da ESO ao parque eólico experimental Sotavento. Por este motivo, segundo recolle do colexio na súa web, o alumnado de ambos os dous cursos terán clases normalmente.