A ANPA Camiño de Santiago organiza o vindeiro martes 17 de decembro un taller adicado ás familias que ensinará aos asistentes diferentes técnicas para aprender a dicir que non aos/as fillos/as. A partir das 19.00 horas o Centro Sociocultural Luis Seoane acollerá esta actividade formativa encadrada na programación da niciativa ‘Xincana pola igualdade’.
A Xunta de Galicia aprobou no mes de outubro unha subveción de 3.750 euros para financiar programas e actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero entre a comunidade educativa do colexio público de O Pino, na que se enmarca esta ‘Xincana pola igualdade’.
A ANPA anima a todas as familias do concello a que formen parte desta sesión que contará con servicio de guardería para que os pais e nais poidan acudir cos seus nenos/as.