O 25 de maio celebrarase a tradicional excursión de fin de curso organizada pola ANPA do CPI Camiño de Santiago, que este ano pretende ser unha xornada de aventura e descubrimento no parque Corax Fauna (Paderne) e no histórico castelo de Andrade (Pontedeume). A directiva da ANPA agarda que este día resulte inesquecible para todas as persoas participantes, especialmente para nenos e nenas. O prazo de inscrición remata o 17 de maio. Pódeste anotar cubrindo o formulario que está ao final desta nova. A ANPA conta coa colaboración do Concello do Pino para organizar esta actividade.
A saída está prevista para as 10.00 da mañá directamente do colexio. A primeira parada será no parque Corax Fauna, no concello de Paderne (preto de Betanzos). Corax é un centro educativo da fauna, autorizado pola Xunta de Galicia, que promove actividades lúdico-formativas dirixidas a todo tipo de visitantes. Dispón de máis de 50 especies diferentes (leóns, tigres, suricatos, aguias, monos, etc).
Está previsto a chegada sobre ás 11.00 horas. No parque, un guía experto acompañará ás persoas asistentes á excursión para coñecer as instalacións e os animais. Dende leóns ata suricatos, cada animal ten unha historia que contar e moitos deles son protagonistas do programa de conservación que ten este parque, como o caso da aguia real.
Despois da visita, sobre ás 13.00 horas, haberá un tempo para relaxarse e xantar nos merendeiros do parque, antes de participar (14.00 h.) nun taller educativo dunha hora no que poderán gozar tanto menores como maiores.
Ás 15.30 está prevista a saída do parque cara a Pontedeume, para descubrir o Castelo de Andrade, unha fortaleza medieval que data do século XIV, erguida na peña de Leboreiro. Dende o castelo poderase gozar dunhas espectaculares vistas das rías de Ferrol, Ares e Betanzos.
A chegada ao colexio será sobre as 18.30 horas.
Para máis información ou aclarar posibles subidas podes contatar coa directiva da ANPA mediante WhatsApp ou chamando o 692 20 57 76, ou a través do enderezo contacto@anpacaminosantiago.es
Compartimos este vídeo do parque Corax Fauna
Detalles Importantes
Prezo: A entrada ao parque e ao castelo é gratuíta para os socios. Para os non socios, o custo é de 25 euros por persoa, máis o transporte en autobús.
Transporte: O custo do autobús será aboado por cada participante. Calcularase unha vez pechada a inscrición e informarase aos participantes do importe final.
Comida: Recoméndase levar comida dende a saída. O parque dispón de áreas de merendeiro para o noso uso.
Inscricións: Abertas ata o 17 de maio a través do noso formulario en liña.
Cada familia membro da ANPA poderá inscribirse sendo o máximo de asistentes o núcleo familiar (pais máis fillos e fillas). Pode acudir o menor usuario dos servizos acompañado dos irmáns e irmás membros da unidade familiar ou acompañado por un familiar maior de idade que se faga cargo.
As familias socias que non poidan acudir poden enviar aos seus fillos/as acompañados de outras familias que vaian á excursión.
Todos os menores usuarios que acudan a excursión con unha persoa adulta diferente aos seus titores legais deberán cubrir o apartado autorización no formulario de inscrición.
Unha vez pechada a inscrición calcularase o importe que cada deberá pagar polo autobús e informarase ás familias do prezo final. O pagamento deberá facerse na conta da ANPA número ES98-2080-0337-1030-4001-0728.