O vindeiro luns 12 de febreiro, o pavillón do CPI Camiño de Santiago acolle a terceira edición da Xuntanza de Escolas Obradoiristas organizada pola Fundación Obradoiro coa colaboración da Asociación de Nais e País e o Concello de O Pino.

As nenas e os nenos da Escola Camiño de Santiago Obradoiro O Pino gozarán entre as 10.00 e as 13.30 horas dunha xornada de convivencia xunto a outros compañeiros das escolas López Ferreiro, Roxos, Ordes así como do propio Obradoiro CAB.

O obxectivo desta xuntanza é mellorar a técnica xogando ao baloncesto e compartir os valores propios do deporte como son o respecto, o compañeirismo ou o traballo en equipo.