A Consellería de Educación publicou hoxe do DOG a Orde do 27 de marzo polo que se establecen axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsa de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería durante a suspensión do servizo de comedor como consecuencia do #COVID19. As axuda van dirixidas ás familias que ou ben non pagaban polo comedor, ou pagan 1 euro.

Estas familias recibirán unha compensación de 2,5 euros/día ou de 1,5 euros/día, segundo o caso, polos 14 días lectivos contabilizados dende o pasado 14 de marzo e ata o 11 de abril. As solicitudes debense presentar antes do vindeiro luns, 6 de abril. Tes toda a información na web do CPI Camiño de Santiago, (neste enlace).

Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizado no CPI Camiño de Santiago que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020. 

As solicitudes deberán presentar telemáticamente na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) e, no caso daquelas familias sen medios para facelo, deberán tramitalo a través da dirección do centro, que lles axudará a facer a solicitude (información resumida neste enlace).

Días lectivos para a compensación

A Consellería compensará os 14 días lectivos, contandos dende o 14 de marzo ata o 11 de abril en que remata o estado de alarma. Se houbese prórroga do estado de alarma, contabilizará outros 14 días lectivos ata o 1 de maio.

Importes das axudas

Serán de 2,5 euros diarios para as familias que non pagaban comedor e de 1,50 euros/día para as que pagaban un euro.

Prazo para presentar solicitudes 

Dende mañá, 31 de marzo, ata o luns 6 de abril. A orde establece que a Consellería ten 10 días para resolver a concesión destas axudas, contados a partir do 6 de abril, e outros 5 días para facer efectivo o pagamento por transferencia bancaria.

Como presentar a solicitude

  • Se a familia ten certificado dixital ou chave 365 debe cubrir o formulario que está na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal)
  • Se a familia NON ten certificado dixital ou chave 365, envía un correo electrónico ao mail do CPI Camiño de Santiago cpi.camino.santiago@edu.xunta.es indicando
    • DNI do pai /nai: 
    • Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€ 
    • Nome do alumno/a: 
    • Nome do pai/nai: 
    • Número de cuenta bancaria (IBAN) 

As familias que teñan problemas co correo electrónico ou para solventar calquera dúbida, poden chamar ao CPI Camiño de Santiago en horario de 10:00 a 14:00 horas, aos teléfonos: 881 867 011 -881 867 006 – 608 661 240 – 650 552 291. Ter en conta que as liñas poden estar ocupadas, polo que se pide algo de paciencia.

Segundo pagamento

Se se prorroga do estado de alarma máis aló do 11 de abril, a Consellería realizará o segundo aboamento polos 14 días lectivos restantes, sen que sexa preciso a presentación de novas solicitudes