A Deputación da Coruña concedeulle unha subvención de 3.119,40 € ao programa de conciliación promovido pola ANPA Camiño de Santiago, en colaboración co CPI Camiño de Santiago e co Concello de O Pino. ‘Conciliación en O Pino’ presenta un programa de actividades que abrangue tanto o horario de madrugadores como o de tarde, co obxectivo de ofrecer un servizo integral e adaptado ás necesidades das familias.
No horario de madrugadores, proporciónase un tempo de calidade no que os nenos e nenas poidan comezar o día de forma amena e segura, atendendo ás súas necesidades individuais e grupais, respectando os seus ritmos e ofrecendo alternativas de ocio positivas. Este servizo está atendido por profesionais comprometidos e cualificados.
Xa pola tarde, destacan as actividades deportivas mixtas de baloncesto e karate. Estas actividades, tradicionalmente asociadas ao ámbito masculino, promóvense dende unha perspectiva de igualdade de xénero, fomentando a participación das nenas e eliminando estereotipos de xénero.