A directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago convida a nais e pais a participar o vindeiro mércores, 25 de xaneiro, no coloquio no que se van valorar as charlas sobre educación en igualdade que se impartiu ao alumnado do colexio.
A charla coloquio celebrarase no centro sociocultural Luis Seoane, a partir das 19.30 horas, e estará conducida por Olaia González e Nerea Rodríguez. Son dúas das profesionais que no mes de novembro impartiron as charlas ao alumnado do colexio para promover as relacións afectivas saudables e previr a violencia de xénero.
Olaia González é doctora en Ciencias da Educación pola USC e traballou como psicóloga do Programa en Familia da Consellería de Educación. Nerea Rodríguez Rivadulla é educadora social, especialista en resolución de conflitos e xestión emocional e na sensibilización en temas de igualdade e fronte a violencia de xénero.
Con esta charla coloquio, dende as directivas da ANPA e do CPI quérese trasladarlle ás familias do colexio ás conclusión obtidas durante as charlas celebradas con todo o alumnado do centro no mes de novembro. Outra das finalidades deste encontro e intercambio coas familias e propoñer estratexias de superación de actitudes sexistas ou violentas.
Para as nais ou pais que poidan precisalo, haberá servizo gratuíto de gardería para coidar das cativas e cativos no que a reunión poida durar. Para acceder a este servizo só hai que encher o formulario nesta ligazón.