O vindeiro xoves 24 de novembro ás 19.30 horas celebrarase no Centro Sociocultural Luis Seoane unha charla para nais e pais tras as ofrecidas ao alumnado do CPI os pasados días 14 e 15 de novembro sobre Relacións afectivas saudables e prevención da violencia de xénero, encadradas dentro das actividades polo 25N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.
Este coloquio será conducido pola psicopedagoga e educadora social Lorena Núñez Rodríguez, poñente xa de outros talleres educativos como educación sexual, intelixencia emocional e habilidades sociais. Baixo a súa dirección analizaranse as conclusións obtidas durante as charlas co alumnado e proporanse estratexias de superación de actitudes sexistas ou violentas.
Para as nais ou pais que poidan precisalo, haberá servizo gratuíto de gardería para coidar das cativas e cativos no que a reunión poida durar. Para acceder a este servizo só hai que encher o formulario nesta ligazón.