Tras manifestar públicamente o noso rexeitamento ás probas das reválidas de 3º e 6º de Primaria e de 4º da ESO, as familias do alumnado do CPI Camiño de Santiago demostraron o seu apoio á postura da ANPA coa súa escasa pariticipación nas devanditas probas.
Entre os días 28 e 29 de maio realizáronse as probas reválidas obrigatorias e mostrais nos cursos correspondentes da nosa escola, mais só un neno de 6º de Primaria participou nelas. O resto mantivo a decisión da ANPA de posicionarse en contra delas por consideralas unhas probas impostas que pretenden avaliar, de xeito externo e sen contar co profesorado do noso centro, as competencias dos nosos nenos e nenas, uníndose así á Confederación de ANPAS Galegas.
Anteriormente tamén se puxo a disposición das familias as consecuencias desta decisión xunto cun documento xutificante para que o alumnado o entregara á hora de rexeitar levar a cabo as probas.
O ano pasado, a Confederación de ANPAS elaborou un documento no que incluía argumentos cos que “desmontar as reválidas da LOMCE”. Argumentos que consideramos seguen vixente hoxe en día.