Hoxe comezou o Obradoiro de Robótica na Aula TIC impartido por Aula Desafío ||
Dende a ANPA desexámosvos unhas Boas Festas e que o 2024 nos traía un ensino público máis inclusivo ||
Nenas e nenos do CPI Camiño de Santiago das categorías baby, mini e premini gozaron o pasado venres 22 na Xuntanza das Escolas Obradoiristas que organizou a ANPA en colaboración coa Fundación Obradoiro e co Concello do Pino no polideportivo de Reboredo. Foi unha experiencia enriquecedora e divertida na que o alumnado do Pino puido coñecer a outros compañeiros dos colexios de Ordes, López Ferreiro e Roxos e tamén do Obradoiro CAB, ao tempo que melloraban a súa técnica xogando ao baloncesto.
Dende a Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago lembrámoslles ás familias que este martes 26 comezou a desenvolverse na Aula TIC do Concello (antigo centro médico) o Obradoiro de Robótica, no que os nosos fillos e fillas de 7 a 12 anos terán a oportunidad de divertirse. Trátase dun taller no que se construirá e programará con Lego, entre outras figuras, un robot futbolista ou unha buxaina.
Organizado pola ANPA, en colaboración do Concello do Pino, este obradoiro corre a cargo de Aula Desafío e desenvólvese de 17.00 a 18.30 horas. Os menores que desexen asistir poden facelo. Lembra que o prezo por día é de 9 euros para socios da ANPA e de 12 euros para non socios.
Felices Festas
Por outra banda, dende a Directiva da ANPA desexámoslle a todas as familias e amizades unhas boas festas e que o 2024 nos traía un ensino público máis inclusivo, tolerante e amigable para os nosos fillos e fillas.
Bo Nadal e próspero 2024.